Bo día a todos e a todas,
a Biblioteca Municipal do Concello de Sada organiza o vindeiro día 6 de decembro ás 11.00h un PLENO INFANTIL no edificio municipal da Avda. do Porto.
Ademáis disto, realizaranse obradoiros paralelos para celebrar o 34º aniversario da Constitución Española.
A participación será gratuíta e exclusivamente para nenos/as que cursen 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Para isto será imprescindible realizar unha previa inscrición (que finalizará o 29 de novembro) enviando os seguintes datos a un dos dous enderezos que aparecen a continuación:
* Nome e apelidos do/s participante/s
* Teléfono de contacto do pai/nai/titor/a do menor
* Curso escolar
Biblioteca Municipal: bibliotecasada@gmail.com
Tlfno: 981.619115