En el centro cívico de Feáns, para el 1 de Octubre, está prevista esta actividad, y nos hemos apuntado. El que se anime, tiene que enviar un correo electrónico como se indica. Todo tiene muy buena pinta, y aquí ya se han puesto como locos a diseñar o espantallo!.
Xantar popular con productos de agricultura tradicional no centro cívico.
A ASOCIACIÓN HORTAS DO VAL DE FEÁNS CELEBRA A SÚA PRIMEIRA COLLEITA COA FESTA DO ESPANTALLO.
A
Asociación Cultural e de Desenvolvemento Rural de Usuarios e Usuarias
das Hortas do Val de Feáns convoca para o vindeiro 1 de Outubro a
primeira edición da Festa do Espantallo. Este evento, realizado en
colaboración coa asociación de veciños O Freixo, pretende celebrar a
primeira colleita realizada nestes primeiros meses de cultivo.
O
festexo consistirá nun concurso de creación de espantallos,
especialmente dirixido para os máis cativos, aínda que haberá premios en
categoría de adultos e de nenos co obxeto de agasallar a labor
efectuada polos participantes, na que se valorará a utilidade e o deseño
das pezas. A actividade rematará cun xantar popular co que a asociación
pretende agradecer a cesión gratuita dos terreos situados na
inmediación do centro cívico de Feáns.
É necesario que as persoas
que desexen participar, tanto no concurso como no xantar, se inscriban
nun listado que estará ao seu dispor no horario de apertura do centro
cívico (lúns a sábado de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas) ou
envíen un correo electrónico a hortasnacidade@gmail.com,
especificando o número de asistentes. A festa comezará ás 12.00 da mañá
na leira situada ao carón do edificio municipal, e entre outras
viandas, haberá pratos cociñados coas hortalizas e verduras colleitadas
polas persoas que forman parte da asociación.
O evento conta co patrocinio da Agraria de Cambre.
A
Asociación Hortas do Val de feáns busca recuperar antigas hortas e
terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso,
contribuíndo así á súa axeitada conservación en mantemento. Estas leiras
permiten o cultivo para autoconsumo así como desenvolver actividades
que promovan o traballo hortícola no Val de Feáns desde unha perspectiva
relacionada coa agricultura ecolóxica, recuperación de terreos baldíos,
cursos, charlas, exposicións divulgativas, de lecer e educativas.
Na
actualidade participan no proxecto comunitario sen ánimo de lucro, que
agromou no ano 2010, case que 50 persoas, agrupadas en 33 hortas cunha
superficie de 30-35 metros cuadrados cada unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario